sábado, 31 de julio de 2010

Cena benéfica de Equanimal en Vigo

Equanimal organizará o vindeiro sábado 31 de xullo unha cea benéfica na Cova dos Ratos (r/ Romil n° 3 baixo) para sufragar os custos dos xuízos e multas impostas ós nos@s activistas. As nosas accións de desobediencia civil en defensa dos animais están a ser reprimidas por unha lei que acusa a quen defendemos aos animais en beneficio de quen os maltrata e explota. Pedímosche que te solidarices cos nosos activistas enxuiciad@s e acudas á cea vegana (100% vegetariana) o vindeiro sábado 31 de xullo á 21:00 horas. Despois da cea seguiremos de festa no local.

Aquí tes os vídeos das accións polas que estamos a ser xulgad@s e multad@s con multas de miles de euros. Os activistas que ves nelas son os quen están a sufrir a inxusta represión de leis que favorecen a tauromaquia e a industria peleteira.

Asalto ao ruedo na praza de touros das Ventas

Asalto ao ruedo na praza de touros de Alicante

Irrupción na Pasarela Cibeles

Irrupción no encerro dos San Fermíns

Sabotaxes á caza do raposo

A túa aportación económica para estes activistas é fundamental. Apúntate a esta cea solidaria canto antes! O último día para apuntarse é o mércores 28 de xullo. Asimesmo pedímosche que difundas este e-mail polas redes sociais e/ou que o reenvíes ás túas amig@s e familiares para que se apunte o maior número de personas posible. A túa difusión é moi importante para nós.

O importe da cea que inclúe 1° e 2° prato, postre e bebida, será de 15 euros.

Para reservar o teu prato envíame un e-mail a Galicia@equanimal.org ou chámame ao 697 781 335 e realiza un ingreso no seguinte número de conta (dámosche dúas posibilidades con dúas contas distintas) . Ao facer o ingreso indica en “concepto” o teu nome apelidos + cea Vigo + o teu email ou teléfono móbil :

TRIODOS BANK:
1491-0001-20-0010005867
(só ten 5 oficinas comerciais en toda España)

BBVA:
0182-4022-11-0201553501

Nota importante: Os donativos á Fundación Equanimal teñen unha deducción fiscal do 25% para personas físicas e un 35% para personas xurídicas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario